| Concursos |
Nota informativa sobre o torneo de CSAquí podedes ver os os concursos oficiais que se celebrarán na party nos que haberá tamén premios. Se hai xente interesada en facer outros concursos, intentaríamos organizalos tamén, e dar algún detalle ós gañadores. Sábado 9
Half-Life: Gústanos moito a primeira versión deste xogo que co tempo se converteu nun clásico e deu lugar a outros xogos como Counter-Strike. A versión utilizada será a 1.1.1.0 (pre-Steam). Need for Speed Porsche 2000: Aínda que este xogo xa ten uns anos, segue sendo un bo xogo, onde prima a simulación sobre o arcade, e calquera ordenador (aínda que xa teña uns anos) pode executar sen problemas. Fotografía dixital: a organización proporá un tema, e os participantes terán que facer fotos relacionadas co mesmo. Darase un tempo de 2-3h por se alguén quere saír do recinto para facelas súas fotos fóra. Debuxo rápido: Esta é a primeira vez que faremos este concurso, que a xente que é asidua de outras partys xa coñecerá. A organización proporá un tema, e os concursantes terán 15-20 min para debuxar algo relacionado co mesmo usando un programa de debuxo, como o Paint, The Gimp, Photoshop, etc. Lanzamento de CD: Este xogo é parecido ó da petanca, e a xente que xa veu outros anos xa o coñecerá. O obxectivo é lanzar un CD e quedar o mais preto posible dunha liña marcada no chan. Asalto á Bastilla: O obxectivo neste concurso é selo primeiro en entrar nun ordenador instalado pola organización, utilizando técnicas de hacking. Temos unha sección no foro adicada ós concursos onde poderedes preguntalas vosas dúbidas e propoñer ideas. |
