Antes de vir á party, aconsellámoste:
- Facer unha copia de seguridade do teu sistema operativo (Windows, Linux...) cos seus respectivos discos de arranque para traela.
- Coller os cd de instalación dos xogos ou programas que necesites para participar nos concursos. A organización non se fai responsable da procedencia deses discos, como se deixa claro nas normas.
- Traer os controladores ou drivers dos dispositivos que teñas no pc, xa que é algo normal ter que reinstalar algunha cousa.
- Instalar un antivirus e actualizalo.
- Instalar unha tarxeta de rede con conector RJ45.
- Traer un ladrón de enchufes para conectalo equipo. As mesas teñen unha toma de corrente por cada posto. Necesitaralo para conectar o pc e o monitor.
- Está totalmente prohibido conectar aparellos eléctricos de alto consumo como: cafetereas, radiadores, estufas, microondas...
- Trae unhas ferramentas por si tes que abrir o teu pc.
- Pon un contrasinal na BIOS para evitar accesos non autorizados.
- Fai unha lista coas cousas que levas para non esquecerte de nada ó recoller
Durante la party:
- Nada máis chegar, asegúrate de que tódalas tarxetas do teu pc están ben instaladas, moitas veces se soltan nas viaxes.
- No caso de que o pc non arranque ou teña algún problema, aconsellámoste consultar a algún compañeiro próximo. Nas partys sempre hai xente que te pode botar unha man. A organización tamén te poderá botar unha man, pero pregunta primeiro ós teus compañeiros xa que seguramente estaremos algo ocupados.
- É boa idea traer una mantiña ou algo co que te poidas cubrir, xa que el local es moi grande e pola noite pode refrescar.
- Vixía o teu pc, así como o resto das túas pertenzas. Non soe pasar nada, pero por si as moscas...
- Comparte as cousas cos teus veciños, a poder ser, non cerredes as partidas en rede. Canta máis participación, maior diversión!
- E o máis importante, DESFRUTA!
Terminou a party. ¿E agora qué?
- Recolle todo o que teñas apuntado na lista (a que fixeches antes de vir), así non esquecerás nada.
- Pasa un antivirus, nunca está de máis.
- Revisa todo o pc, e reinstala a copia de seguridade se xurdise algún problema no voso pc.
- Chegados a este punto, espera ó ano que vén para a seguinte party. Segue chateando coa xente que coñeciches, que para o ano seguro que volveredes a vervos.
Se algo vai mal, tede un pouco de paciencia coa organización, intentamos facelo o mellor posible.
|