A participación no evento está condicionada á aceptación dos termos e condicións recollidos neste documento.
O descoñecemento das normas non exime do seu cumprimento
Desde o momento en que decides participar, entendemos que aceptas as normas de uso da party "Galaecia.net". Así mesmo, a organización resérvase o dereito de modificar totalmente, ou de forma parcial, estes termos e condicións en calquera momento. Estes cambios ou modificacións poderán facerse efectivos mediante publicación na área NORMAS da páxina web, e/ou a súa comunicación vía correo electrónico a aquelas persoas preinscritas. No caso en que a modificación das normas se prodúza durante a celebración do evento publicaranse na web e/ou se notificará por correo electrónico e/ou se fará un comunicado no propio recinto do evento.
1 - Admisión.
A organización resérvase o dereito de admisión dos participantes ao evento.
As persoas menores de 18 anos necesitarán ter permiso do seu titor legal para asistir, co fin de que a organización non se faga responsable legal dos problemas ou perxuízos que poida ocasionar o participante, así mesmo a organización pode pedir o xustificante ou proba do permiso se se cre necesario, segundo o comportamento do suxeito.
Todas aquelas persoas que teñan menos de 15 anos deben de forma obrigatorio estar acompañadas dunha persoa de polo menos 16 anos, tendo que presentar obrigatoriamente na entrada do recinto un xustificante se a persoa que a acompaña é menor de 18 anos. Se a persoa que a acompaña é un familiar adulto utilizarase como xustificante o propio carné de identidade tanto do menor como do adulto, en caso contrario (non familiar) deberase ter cuberto o noso formulario de verificación.
As prazas para participar son limitadas. O criterio de admisión será a orde de chegada ao recinto, reservándose a organización a facultade de adoptar criterios alternativos en determinadas circunstancias, sen necesidade de previo aviso.
2 - Dereitos dos participantes.
Coa Inscrición, cada participante terá dereito a:
- Un posto na sala de computadores onde instalar o seu computador persoal, cunha toma de rede e unha toma de corrente.
- Participación nas actividades e competicións programadas, nas condicións xerais e particulares que se determinen por parte da Organización.
3 - Normas de acceso ao recinto.
En principio, o recinto da party permanecerá aberto as 24 horas do día durante os días da celebración do evento, podendo entrar e saír do mesmo a calquera hora da noite. Cada vez que saia do recinto e queira volver entrar de novo nel, deberá mostrar a acreditación a quen se atope nese momento na porta de acceso ao recinto.
É obrigatorio mostrar a acreditación ao acceder ao recinto, así como sempre que sexa requirido por un Organizador, Colaborador ou membro da seguridade do recinto, sendo motivo de expulsión a non presentación deste documento.
É obrigatorio levar a acreditación nun lugar visible sempre que se atope no interior do recinto da party, a non posesión da mesma pode ser motivo de expulsión.
Se algún participante desexa sacar fora do recinto da party o seu computador antes de que termine a mesma, seranlle tomados os seus datos á saída, así como comprobado o que saca do recinto.
4 - Normas xerais de comportamento no interior do recinto.
Prohíbese o consumo, a posesión e a venda de tabaco, bebidas alcohólicas, sustancias psicotrópicas e calquera outras sustancias ilegais no interior do recinto do evento.
Recórdase que a copia de calquera tipo de material suxeito ao denominado CopyRight, ou sen licenza de distribución, é ilegal segundo a lei actual fóra das copias de seguridade ou "backups", por este motivo só se permitira a copia de material libre, GPL, Shareware, Freeware, etc.
Prohíbese a posesión de calquera tipo de material explícito que atente contra a dignidade ou honra de calquera persoa, tanto allea á party como non.
Prohíbese a introducción recinto do evento de obxectos inflamables como antorchas, velas, bengalas, fogos artificiais, ou facer lumes de calquera tipo.
Está permitida a introducción de bebidas non alcohólicas no recinto. Tamén está permitida a introducción de comida no interior do recinto.
Prohíbese introducir calquera tipo de aparello eléctrico de gran consumo tales como microondas, fornos, estufas, etc. Tan só se permíte o uso do computador e os seus periféricos, así como cargadores de móbiles ou pdas.
Prohíbese a introducción e utilización de altofalantes individuais conectados aos computadores particulares. A única música de ambiente permitida será aquela que poña a organización a través do seu sistema de son. Os participantes deberán usar cascos se queren escoitar música ou efectos sonoros das producións nas que estean traballando ou dos xogos nos que están xogando.
Durante a reprodución dos traballos na party, xa sexan demos, gráficos ou música, débese manter un silencio respectuoso e non se deberá producir ningún tipo de ruído, son ou música que poida molestar á audiencia ou prexudicar aos participantes que mostren a súa obra. No caso de que non se respecte esta norma, a organización resérvase o dereito de deter o ruído ao autor do mesmo, ou a expulsión se así fose necesario.
A partir de certa hora da noite deberase moderar o ruído dentro do recinto, para respectar a todas aquelas persoas que desexen descansar.
Non está permitida ningunha forma de agresión física ou verbal fóra de ton así como calquera outra actitude violenta, e será motivo de sanción o feito de participar nela.
A rede local é un ben compartido que debemos coidar todos. Calquera intento por saboteala ou causar o seu mal funcionamento en calquera das súas formas, por exemplo con servidores DHCP ou introducindo no mesmo virus ou gusanos, ou simplemente causando o mal funcionamento da rede, ben sexa á súa totalidade ou simplemente a un dos seus elementos, será motivo de sanción.
Prohíbese a manipulación dos elementos de rede, ben sexan switches ou cables, en calquera forma, sen a debida autorización da organización.
A organización resérvase o dereito de monitorizar a rede e todalas súas direccións IP, así como reiniciar a rede por motivos técnicos.
Por motivos de seguridade a organización resérvase a utilización de cámaras de videovixilancia no recinto principal.
A Organización non se responsabiliza dos roubos e perdas de material que se produzan, así como de calquera dano ou mal funcionamento de calquera equipo e compoñente. A organización intentará que estes roubos ou danos non se produzan, e establecerá medidas de control dos equipos e das persoas, á entrada e saída do recinto.
Os materiais cos que se leva a cabo o evento son responsabilidade de todos, sendo necesario que sexan tratados co coidado que require, o mal uso destes materiais pode ser motivo de sanción.
En caso de encargar comida, débese deixar na mesa de acreditacións o nome, o nick e o lugar onde se atopa o seu equipo, para poder notificarllo. Noutro caso, non se permitirá a entrada ó encargo.
A Organización non se fará responsable do contido do cartafol "Incoming" do FTP da Party.
O incumprimento de calquera destas normas é motivo de sanción, ou ata de expulsión.
5 - Sistema de avisos de sanción.
A sanción dependerá do aviso recibido:
- Primeiro aviso: non hai accións, é simplemente un aviso.
- Segundo aviso: expulsión da party.
A organización resérvase o dereito de elevar a sanción a expulsión dependendo da gravidade de acto.
Estas condicións son asumidas polos participantes ao solicitar a asistencia. No caso de que durante a party se acumulen dous ou tres avisos e o infractor non queira abandonar a party, será notificado ao servizo de seguridade oportuno.
6 - Tratamento de datos persoais.
Os datos que os solicitantes faciliten ao cumprimentar a inscrición son para a organización. Os datos persoais dos Participantes serán tratados pola organización de acordo coa Lei 15/99 de Protección de Datos de Carácter Persoal. Os datos persoais serán introducidos nun ficheiro de datos de carácter persoal da propiedade e custodia exclusiva da organización. O participante inscrito consente a inclusión dos seus datos no mencionado ficheiro, para ser tidos en conta na organización. Este consentimento será revocable e ten como finalidade permitir a utilización de devandita información con fins informativos e de organización do evento.
Baixo ningún concepto poderanse utilizar os seus datos con fins lucrativos, nin ser traspasados a calquera tipo de persoa tanto física como xurídica.
O usuario ten dereito de acceso, rectificación e cancelación dos seus datos. Estes dereitos poden facerse efectivos mediante comunicación a este correo.
A aplicación destas normas será levada a cabo polos membros da Organización, Colaboradores e os membros de seguridade do evento.